Operación antidroga da Mariña francesa á altura do golfo de Guinea. Detiveron un narcotransportista de Aldán, Álvaro Castro Santo, e outros dous galegos, e tamén unha cuarta persoa de Toledo, cun cargamento de cinco toneladas de cocaína a bordo dunha narcolancha. Na operación en Cabo Verde, executada con medios da Mariña de Francia co apoio dun dron embarcado de vixilancia marítima, que comezou tras as investigacións da brigada central de estupefacientes Udyco da Policía Nacional de España e Fiscalía Antidroga xunto ás do Centro de Análise e Operacións Marítimas (MAOC-N) con sede en Lisboa e da Axencia Antidrogas dos Estados Unidos (DEA), foron intervidos 5.132 quilos de cocaína cando os detidos transportaban nunha lancha semirríxida con catro motores de 300 cabalos de potencia cada un en augas do Golfo de Guinea. As autoridades francesas confirmaron este pasado martes a incautación e, segundo informa a axencia France Presse, os detidos foron trasladados a Praia, a capital do arquipélago de Cabo Verde, á espera da súa extradición a España.
46