Unha muller de 45 anos camiñaba cunha amiga cando sufriu unha indisposición e caeu na rúa. Deron aviso ao 061 e de inmediato iniciaron a manobra de reanimación cardiopulmonar. Ao lugar chegou tamén Diego, un policía local de Malpica, que contou cun desfibrilador para asistir á muller ata que puideron chegar os servizos médicos de urxencias.
«A muller está ben, porque tardaron moito en recuperala. Pasou máis dunha hora. E non as tiña todas comigo», di o veciño que a axudou a reanimar.
Agora a muller recupérase no hospital grazas a un traballo desenvolvido en equipo. Os heroes deste caso con final feliz non deixan de insistir nunha mensaxe.
«Si antes dos tres ou catro minutos alguén está facendo a manobra, salvaríanse moitas vidas. E pode ser un familiar teu», din.
Un pequeno xesto que pode salvar unha vida.