Trátase dunha actividade pensada para ofrecer á mocidade unha alternativa de lecer baseada na práctica deportiva, a convivencia e, sobre todo, a diversión. Desde un total de 30 mozos de entre 13 e 18 anos están desfrutando dunha intensa experiencia no parque multiaventura Rías Baixas, situado na localidade de Cotobade (Pontevedra). Durante tres días o grupo, acompañado en todo momento por monitores especializados, participa nun amplo abano de actividades ao aire libre como kaiak, escalada en rocódromo, hípica, tiro con arco, rastrexo, tirolina, paintball ou escape room, entre outras.
Este campamento, que chega xa á súa terceira edición, consolídase como unha das propostas máis agardadas da oferta estival do Concello para a xuventude larachesa.