Trump ameaza comercialmente a España: «Non quero ningún negocio con eles»

1 minutes read

O presidente de Estados Unidos, Donal Trump, elevou as súas críticas a España polo seu papel na OTAN e pediu ao seu secretario do Tesouro que corte «todo o comercio» bilateral, «incluso as visitas». «España é unha causa perdida. Non quero facer máis negocios comerciais con España nunca máis, gustaríame cortalo. España é un aliado horrible na OTAN», declarou Trump durante unha reunión co secretario xeral da Alianza, Mark Rutte.

Desde Moncloa, fontes próximas ao presidente insisten en que estaban preparados para este escenario e aseguran que se toman con relativa «tranquilidade» os desaires do magnate. O Executivo preparara un argumentario sólido e Pedro Sánchez viaxou a Ankara cun abanico de datos para responder os ataques de Donald Trump.

A pesar das esixencias de Estados Unidos, España presume de alcanzar xa o 2% do PIB en gasto en Defensa, de situarse en sétimo lugar entre os 32 socios da OTAN e de contar con proxeccións técnicas da Alianza que apuntan a que bastaralle co 2,1% para cumprir os seus compromisos.