Trump anuncia un acordo con Dinamarca e Groenlandia sobre a seguridade do territorio ártico

1 minutes read

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou un acordo con Dinamarca e con Groenlandia para asumir o control permanente da seguridade na illa ártica, segurando que o pacto permitirá reforzar a presenza militar norteamericana en Groenlandia e impedirá a doutros países. Na práctica supón a creación de novas bases estadounidenses e o veto total á China e a Rusia.

Donald Trump tamén indicou que o acordo é por tempo indefinido e que non terá custos para o país norteamericano.

O anuncio prodúcese despois de que,  a principios de ano Trump provocase unha crise nas relacións con Groenlandia, Dinamarca e o resto de países da OTAN ao suxerir unha invasión da illa por considerala un obxectivo estratéxico para os Estados Unidos.

O interese por Groenlandia foi a máis nos últimos tempos pola súa importancia estratéxica, incrementada polo desxeo que está abrindo novas rutas marítimas. Tamén porque é rica en recursos minerais, especialmente en materiais críticos.

Washington ten no norte da illa —máis de 1.000 quilómetros ao norte do Círculo Polar Ártico— a súa base aérea militar de Thule, a máis setentrional no mundo, que se comezou a construír durante a Segunda Guerra Mundial e é clave dentro do sistema antimísiles estadounidense e na observación do espazo.