O dirixente de esquerdas, de 81 anos, desafiou os prognósticos ao gañar un inédito cuarto mandato, freando unha onda conservadora que levou a numerosos países suramericanos, como Arxentina, Chile, Colombia e Perú, a virar á dereita, apoiados polo presidente estadounidense, Donald Trump.
Bolsonaro negouse rapidamente a recoñecer a derrota e pediu que se anulen os resultados electorais tras unha noite caótica nalgúns colexios electorais, despois dunha decisión de última hora de ampliar a votación dúas horas.
Lula solicitara a ampliación do horario de votación despois de denunciar que se retiraron autobuses da circulación en varias cidades, impedindo que moito cidadáns puidesen votar.
Flávio Bolsonaro tamén pediu unha ampliación nalgunhas rexións debido ás fortes choivas, pero cualificou a decisión de «inaceptable» e de «xogo sucio». «É imposible recoñecer os resultados. Vou solicitar a anulación destas eleccións», dixo nun breve discurso en Brasília.
Tras a derrota na primeira volta, a esquerda mobilizouse con grandes mitins, nos que corearon «Nunca máis Bolsonaro» e renovaron a súa estratexia nas redes sociais.
