Detido en Carballo un menor de Arteixo tras dous intentos de roubo na zona do Rego da Balsa

1 minutes read
Arquivo.

O menor de 16 anos, sobre o que xa pesa un amplo historial delictivo, foi sorprendido pola Policía Local cando trataba de roubar nun edificio en construcción na rúa Perú. Tras ser identificado polos axentes quedou en liberdade, pero non contento co que acababa de facer, decidiu tratar de forzar unha furgoneta. Neste caso, tras a alerta dun viandante, foi de novo sorprendido na allada pola Policía Local carballesa. A maiores fóronlle comisados dous coitelos tipo serrucho de grandes dimensións. Tras ser detido e custodiado polos axentes foi trasladado ao cuartel da Garda Civil de Carballo, onde serían instruídas as correspondentes dilixencias para elevalas ante a Fiscalía Provincial de Menores.