Trump anuncia un «marco de acordo» coa OTAN sobre Groenlandia e descarta o uso da forza

1 minutes read

Estados Unidos está «a buscar negociacións inmediatas» para adquirir Groenlandia, dixo este mércores o presidente estadounidense, Donald Trump, no seu discurso especial ante o cume político e empresarial máis importante do mundo en Davos. «Teño un tremendo respecto polo pobo de Groenlandia e o pobo de Dinamarca», dixo Trump ao abordar o tema do territorio insular ártico, ao que cualificou de «gran e fermoso anaco de xeo». «Ningunha nación ou grupo de nacións está mellor posicionada para defender Groenlandia que Estados Unidos», engadiu. O presidente estadounidense asegurou que a proba podía verse na «Segunda Guerra Mundial, cando Dinamarca caeu ante Alemaña en só seis horas de combate». Trump rematou subliñando que o desexo de Washington de comprar Groenlandia non é unha ameaza para a OTAN, á que criticou dicindo que «(EE.UU.) dá tanto e recibimos tan pouco a cambio». «O que sacamos da OTAN é: nada», despois de financiala ao 100%, dixo. «E o que pedimos a cambio é Groenlandia».