39
- O presidente dos EEUU non ve o cambio climático como unha crise inmediata
Non estaba programado que o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asistise ao cume sobre o clima organizada polo Secretario Xeral da ONU, Antonio Guterres, pero finalmente presentouse. Aínda así, segue sen dar credibilidade aos efectos do cambio climático e insistiu que non ve isto como unha crise inmediata.
Ademais, o presidente foi firme na súa mensaxe nacionalista á Nacións Unidas e defendeu que «o futuro non pertence aos globalistas, o futuro pertence aos patriotas».
«Se queres liberdade, mostra orgullo polo teu país», dixo o líder estadounidense ante o resto de xefes de Estado e de Goberno reunidos en Nova York na Asemblea Xeral de Nacións Unidas.
Fonte: Euronews