Trump segue sen crerse o cambio climático

Fonte: Euronews

  • O presidente dos EEUU non ve o cambio climático como unha crise inmediata

Non estaba programado que o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asistise ao cume sobre o clima organizada polo Secretario Xeral da ONU, Antonio Guterres, pero finalmente presentouse. Aínda así, segue sen dar credibilidade aos efectos do cambio climático e insistiu que non ve isto como unha crise inmediata.

Ademais, o presidente foi firme na súa mensaxe nacionalista á Nacións Unidas e defendeu que «o futuro non pertence aos globalistas, o futuro pertence aos patriotas».

«Se queres liberdade, mostra orgullo polo teu país», dixo o líder estadounidense ante o resto de xefes de Estado e de Goberno reunidos en Nova York na Asemblea Xeral de Nacións Unidas.

Fonte: Euronews

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha