Turismo de Galicia investirá 14,4 M€ na rehabilitación da Fortaleza de Monterrei

1 minutes read

Levaranse a cabo actuacións sobre o edificio da casa cuartel, coa recuperación integral da edificación; ademais no entorno da praza do mercado e antigo Concello e nas construcións adxacentes, nas edificacións da porta norte que corresponden á torre da cárcere e os dous corpos de garda. Tamén se levarán a cabo mellloras na entrada ao recinto, no paseo de Ronda e na construción do novo edificio de recepción de visitantes.

Ademáis desta dotación prevista para a licitación da obra, levaronse xa a cabo unha serie de actuacións previas tales como intervencións arqueolóxicas, estudos históricos, etnográficos e topográficos, así como estudos de mobilidade e estudos documentais, que supuxeron un investimento previo de mais de medio millón de euros.

A actuación esta enmarcada no Plan Xacobeo Next Generation, no que están incluídos a posta en valor de 12 BICs do Camiño de Santiago, aos que se dedican 22,7 millóns de euros co obxectivo de conservar os bens de interese cultural e permitir que poidan seguir sendo desfrutados polas xeracións futuras. A Fortaleza de Monterrei é a que conta coa máxima inversión nestes bens de interese cultural.