Turismo de Galicia promociona o Xacobeo en Londres

1 minutes read

A directora de promoción do Xacobeo, Carmen Pita, participou en Londres na presentación da campaña de promoción do Xacobeo nun acto que congregou a máis de 100 persoas entre turoperadoras e profesionais do sector turístico, onde tamén participaron representantes do Clúster de Turismo de Galicia e o director da oficina de Turespaña en Londres. No marco do encontro leváronse a cabo diversos xuntanzas de traballo. A presentación do Xacobeo en Londres encádrase na rolda de actos organizados para animar, tanto en España como no estranxeiro, a camiñar a Galicia e vivir unha experiencia única que coincide co modelo turístico en espazos abertos e vencellados coa natureza que demandan os turistas a raíz da pandemia e que encaixa coa marca Galicia como destino seguro.