UCIN pide a detección e prevención de verteduras ilegais no corredor marítimo de Fisterra

2 minutes read

O coordinador da formación UCIN Galicia, José Luis Calo, faise eco da preocupación polas miles de toneladas de residuos nucleares que foron vertidas pola Unión Soviética no Océano Ártico entre 1964 e 1986 e que se afundiron en contedores furados por disparos dos soldados rusos, non está na orde do día de ningún partido político a nivel estatal, é máis, nin se menciona.


En 2012, unha proposta non de Lei do grupo Mixto, reclamaba ao goberno español que informase o Congreso e ao goberno galego, da evolución do lixo radioactiva da Fosa Atlántica. A resposta foi que xa realizasen controis por parte do
“Consello de Seguridade Nuclear”, pedindo que non se alarmar se á poboación con preocupacións infundadas, desta forma daban carpetazo ao tema e apuntando a un departamento do goberno estatal como único coñecedor deste problema. Ningún partido galego volveu preguntar polo asunto.


É por eso que para UCIN Galicia é importante abordar esta preocupante situación. É fundamental que o goberno español dea conta ao congreso e ao goberno galego da evolución da situación no Océano Ártico, especialmente considerando o impacto potencial nas zonas de pesca de Galicia.


A presenza de persoal especializado con traxes adecuados para medir a radioactividade nos peixes desa zona é unha medida necesaria para protexer a saúde dos pescadores e dos consumidores, cousa que ata a data non se ten constancia de que se fixo.
Ademais, desde UCIN Galicia, pídese que a detección e prevención de verteduras ilegais de contedores radioactivos no corredor marítimo de Fisterra sexa un tema urxente. A aparición de dous contedores ilegais nas costas galegas con inscricións xaponesas é alarmante e require unha acción inmediata. É imprescindible aumentar a vixilancia para evitar que situacións similares ocorran no futuro, asegurando así a protección do ecosistema mariño e a saúde de quen depende destas augas para o seu sustento.


«Desde UCIN, cremos que é necesario que este tema reciba a atención que se merece por parte das autoridades e os medios de comunicación, xa que a saúde pública e o benestar das comunidades pesqueiras están en xogo. Compartir esta información co público en xeral tamén pode xerar conciencia sobre a importancia de protexer os nosos océanos e asegurar a seguridade alimentaria», conclúe Calo.