Oscar de Souto, responsable de UCIN Ponteceso afirma que “son moitos os cidadáns do municipio os que falan, xa fai meses, dun posible pacto entre partidos para gobernar en dúas etapas o Consistorio”.
Prosegue destacando que “un dos novos partidos con representación presentouse ás municipais vendéndolle a moto os votantes co conto de que endexamáis pactarían con ningún dos partidos convencionais, unha de moitas promesas que non cumpriron, xa que eso de agasallar a súa bendición para conformar un goberno bipartito para despois bloquear a gobernabilidade dende a oposición nin parece ético nin é bo para a saúde política dun Concello que leva xa case unha década endebedado e bloqueado”.
Co mazo dando e a Deus rogando
“Resulta curioso apoiar a investidura do novo alcalde para despois manterse na oposición criticando, con moita delicadeza, todo o que non se puido facer aínda na nosa localidade por falta de tempo ou por falta de fondos públicos. Algúns veciños/as falan dun posible pacto que permita o relevo no Goberno do anterior alcalde co apoio desas oposicións que suman máis asentos que o actual goberno local. Sentímosnos decepcionados con aqueles representantes que prometeron aquelas cousas que agora están facendo xusto o revés, e isto é rirse da xente”.
“A responsabilidade brilla pola súa ausencia xa que Ponteceso merece un Goberno forte e sen fisuras que resolva os graves problemas eternos do municipio como as inundacións, o abandono das parroquias, a falta de aparcamentos, as estradas a medio arranxar ou aquelas vías públicas intransitables, entre outros cen asuntos de gravidade ademais das débedas”.
“Apresuraronse en poñerse grandes soldos, correron a abrir a caixa dos cartos, aceleraron para poñerse na primeira fila para coller asento no goberno local pero a casa segue sen barrer. A seriedade da que UCIN Ponteceso insistiu tanto na campaña electoral agora faise visible ante todos e todas. Seriedade e responsabilidade é o que precisamos nun futuro a curto plazo e cara ese futuro mellor remamos”, conclúe Oscar de Souto.