33
Este luns, polo menos seis persoas morreron e trinta unha resultaron feridas nun bombardeo en Járkov, a segunda cidade do país. No sur de Odesa caeron catro mísiles, sen que a última hora houbese un balance de vítimas. Mentres tanto, as autoridades ucraínas elevaron a 31 o número de mortos no bombardeo do sábado dunha vivenda na cidade de Chasiv Yar, na provincia de Donetsk. Nove veciños foron rescatados con vida de entre os entullos. O goberno ucraíno pediu á poboación da rexión meridional de Jersón que evacúe con urxencia. Esta semana ten previsto lanzar unha contraofensiva no sur de Ucraína co obxectivo de liberar as zonas costeiras do mar Negro controladas actualmente polas tropas rusas.