Ucraína | Posible acordo para a inspección da central nuclear de Zaporiyia

1 minutes read

O presidente francés, Emmanuel Macron, conseguiu que o seu homólogo ruso Vladímir Putin acepte que as condicións do envío dunha misión do Organismo Internacional da Enerxía Atómica á central nuclear de Zaporiyia teñan o visto e prace tanto de Ucraína como de Nacións Unidas.

O embaixador de Rusia en Nacións Unidas Vasily Nebenzya dixo que «Moscova debe «protexer» a planta de Zaporiyia. Unha retirada das súas tropas faría que a instalación fose vulnerable … a provocacións e ataques terroristas».

O secretario xeral da ONU Antonio Guterres insistiu durante a súa viaxe o xoves a Ucraína en que a invasión rusa viola a integridade territorial de Ucraína, que «a zona debe ser desmilitarizada» e que «calquera dano potencial a Zaporiyia é un suicidio».

O secretario xeral da Alianza Atlántica, Jens Stoltenberg coincidiu na urxencia de que o Organismo Internacional da Enerxía Atómica da ONU revise e faga unha inspección meticulosa da planta nuclear de Zaporiyia de inmediato. Pediu que se garantise a retirada de todas as forzas rusas «do territorio da central nuclear de Zaporiyia.