O ministro de Defensa ucraíno, Oleksii Reznikov, anunciou a chegada ao país dos primeiros tanques «Challenger 2» de fabricación británica que o Goberno de Londres se comprometeu a entregar a Kiev.
“Estes tanques, fornecidos polo Reino Unido, chegaron recentemente ao noso país”, escribiu Reznikov na súa conta de Twitter, engadindo que “estas fantásticas máquinas pronto comezarán as súas misións de combate”.
A noticia da chegada dos tanques coñécese un día despois de que os soldados ucraínos que se formaban no Reino Unido no manexo destes blindados regresasen a Ucraína tras completar a súa instrución.
O Reino Unido ten previsto enviar a Ucraína 14 tanques «Challenger». Na súa mensaxe de Twitter, Reznikov non especificou o número de blindados que chegaron xa a Ucraína.
Xunto a súa mensaxe, Reznikov publicou un vídeo no que se ven polo menos 6 tanques nos que ondean bandeiras ucraínas. O ministro de Defensa de Ucraína aparece subido a un deles e agradece ao pobo e ao Gobierno británicos esta nova entrega de axuda militar a Ucraína.
Segundo medios alemáns, o Goberno de Kiev recibiu este luns 18 tanques «Leopard 2» procedentes de Alemaña e 40 vehículos «Marder» de infantería lixeira tamén enviados tamén por Berlín.
Ucraína xa recibiu tamén tanques » Leopard 2″ doados por Polonia, que foi o primeiro país en facer efectiva a entrega de blindados de fabricación occidental.