Máis de 130 persoas foron rescatadas dos entullos do teatro bombardeado na cidade asediada de Mariúpol, pero segundo o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, aínda hai centos de vítimas sepultas. Ao hospital de Zaporiyia chegaron numerosos nenos feridos procedentes da cidade. Este estratéxico enclave portuario está totalmente devastado. O asedio asfixia á poboación. O Ministerio de Defensa ruso asegura que as súas tropas xa combaten no interior da cidade contra os que define como «nacionalistas ucraínos». Moscova tamén publicou imaxes aéreas, mostrando bombardeos supostamente «cirúrxicos» nalgún lugar indeterminado de Ucraína, asegurando que todo avanza como estaba previsto. En Járkov, segunda cidade de Ucraína, un ataque deixou este venres polo menos un morto e once feridos, segundo fontes ucraínas. As forzas rusas rodean parte da cidade, pero non totalmente.
32