UDC | A atención integral ás vítimas, eixo central das XIV Xornadas da Rede Galega Contra a Trata Sexual

  • O encontro, que se celebra os días 16 e 17 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da UDC (A Coruña), reunirá a especialistas da avogacía, a xudicatura, a sanidade, as forzas e corpos de seguridade e o ámbito social. 
  • Haberá  unha xornada dirixida exclusivamente a profesionais e outra aberta ao público xeral.

A Rede Galega Contra a Trata Sexual e a asociación Aliad Ultreia ( de Lugo) celebran os vindeiros 16 e 17 de outubro unhas xornadas que reúnen a profesionais, entidades sociais e administracións públicas para debater, reflexionar e avanzar na resposta integral ás mulleres vítimas da trata e a explotación sexual.  

As xornadas, baixo o título «A vítima no centro: a atención á vítima de trata e/ou explotación sexual desde a detección ata o final do procedemento xudicial», celebraranse no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC), poñendo o foco na necesidade de situar ás vítimas no centro, para favorecer unha mellor resposta e restablecemento do dano sufrido. Desde un enfoque radicalmente vitimocéntrico, abordaranse os obstáculos xurídicos, psicolóxicos e sociais que afrontan as mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual ao longo de todo o proceso, desde a súa detección ata a resolución xudicial dos seus casos.  

Related posts

Medio Rural anunciou en Mazaricos que pagará en decembro a maior parte das axudas directas da PAC

O Teatro Colón da Coruña acollerá en novembro a segunda edición de ‘Músicas posíbeis’

MercaNaVila superou as 30.000 descargas nas primeiras 72 horas da campaña