Última concentración das Seleccións Galegas con 8 xogadores do Balonmán Xiria


As Seleccións Galegas concéntranse ata o domingo 29 para preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA2020) de Cantabria que comezará o vindeiro xoves 2 de Xaneiro.

Xurxo Fraga, Pablo Veiga e Erik Vázquez, do Garaysa Xiria infantil masculino concentraranse durante 4 días no Colexio San Narciso de Marín onde adestrarán e serán aloxados.

Leticia Santos, do Punta del Este Xiria infantil feminino está chamada para a concentración no Pavillón Manuel Coto de A Estrada, co aloxamento na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ata o vindeiro domingo 29.

Martin Fuentes e Julián García do Grupo Lemaco Xiria cadete masculino adestrarán no Manuel Coto de A Estrada e aloxaranse tamén na AGASP.

Os xuvenís do Laber Xiria, Álex Gómez e Mario Cancela tamén adestrarán estes 4 días no Manuel Coto de A Estrada e descansarán na AGASP.

Fernando Vázquez Quinteiro, adestrador do Goldie Xiria Carballo Turismo sénior feminino e do Hierros Varela Urbieta cadete feminino é o adestrador da selección galega xuvenil masculina que tamén estará na concentración de A Estrada.

A maiores dos adestramentos os convocados e convocadas teñen un acto de presentación das Seleccións o venres 27 ás 11:00 no Tinglado do Porto de Vigo, ao que tamén están convidados pais, nais e membros dos clubs de procedencia.