Última fase da humanización das rúas Urbano Lugrís e Emilia Pardo Bazán na Laracha

1 minutes read

As actuacións quedarán concluídas esta semana cos traballos de pavimentación, previamente xa se construíran as beirarrúas de 300 metros nunha das marxes de cada vía, sendo por tanto 600 metros de ámbito peonil novo. Tamén se realizaron melloras na rede de recollida de pluviais, nas acometidas dos servizos de saneamento e abastecemento, nas canalizacións soterradas da iluminación pública e telecomunicacións e foran reservados espazos en superficie para a instalación de elementos de sinalización e alumeado.

O proxecto, valorado en 160.000 euros, dá continuidade ás actuacións desenvolvidas en diferentes rúas do casco urbano da Laracha dirixidas a humanizalas e reforzar a seguridade viaria creando espazos peonís amplos, cómodos e seguros ao separalos do ámbito de rodadura dos vehículos. Neste caso facilitarase o tránsito a pé entre as rúas Eusebio Bértoa e José Añón, que é unha das vías de acceso cara o CEIP Ramón Otero Pedrayo.

Esta actuación é un exemplo máis do firme compromiso do goberno local pola humanización dos núcleos urbanos, xa que mellora as infraestruturas municipais para o tránsito dos peóns mellora a seguridade, aumenta a calidade de vida dos veciños e tamén favorece o comercio local.