Este sábado ás 20:00 horas o pavillón Vila de Noia, abrirá as portas para a última xornada da primeira volta; que enfrontará ao Calvo Xiria contra o Sar Plastic Omnium; o partido celebrarase sen público, dada a actual situación sanitaria.
Difícil pensar só en balonmán nestes momentos; pero é o que deberán facer os xogadores do Calvo Xiria, para pechar da mellor maneira posible esta primeira parte da competición; xa que a Sar de Rendondela, non llo poñerá nada sinxelo.
Conxunto que viaxa a Carballo nun bo momento; que adoita utilizar defensas abertas con variantes do 5:1, achegando desde a portería; e cun xogo de ataque atractivo e estruturado.
Por tanto; boa proba para o sistema defensivo do Calvo Xiria; que tamén deberá aproveitar os espazos da defensa visitante; coa mobilidade e versatilidade dos seus xogadores.
O partido retransmitirase por streaming na canle de youtube do Balonman Xiria e a recado será do agrado dos afeccionados.