Un accidente en Outeiro de Rei deixa un morto e un ferido

1 minutes read
  • O suceso aconteceu ao fío das 22:15 horas deste venres na N-VI, en sentido A Coruña

Un accidente de tráfico en Outeiro de Rei saldouse cunha persoa falecida e outra ferida na noite deste venres. Segundo o 112 Galicia, o único vehículo implicado no sinistro envorcou e acabou fóra da vía, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilalba para excarcerar á persoa falecida, que quedara atrapaba no interior do coche. O outro ocupante quedou ferido leve.

O accidente produciuse na N-VI, en sentido A Coruña, a uns cinco quilómetros do municipio lucense. Foi o propio persoal do 061 quen, arredor das 22:15 horas, alertou do suceso ao 112 Galicia.

Ata o lugar dos feitos tamén acudiron a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da estrada.