Un acordo entre administracións permitirá crear cinco novos GES e un servizo municipal de emerxencias

Actuación GES_Arquivo.

Un acordo entre a Xunta e a Fegamp en colaboración cos concellos e deputacións permitirá crear cinco novos GES e un servizo municipal de emerxencias distribuídos do seguinte xeito: un na provincia da Coruña, dous en Ourense e tres en Pontevedra.

En concreto, na provincia de Pontevedra serán tres os novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serán atendidos polo novo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.

Na provincia da Coruña, constituirase un servizo municipal en Noia, con sede no concello noiés, e que incluirá, ademais deste municipio, aos de Lousame e Porto do Son. En Ourense serán dous os novos GES: un con sede na Veiga, que abarcará tamén aos concellos do Bolo, Viana do Bolo e Vilariño de Conso; e outro en Maceda, do que formarán parte, ademais, Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.