Membros de diferentes agrupacións de Protección Civil, asociacións de Quads, ciclistas, varias patrullas da Garda Civil e ata un helicóptero do instituto armado, colaboraron desde primeira hora deste domingo na busqueda de Manuel Rodríguez Eiroa, un veciño do lugar de O Allo en Baio do que nada se sabe desde que o pasado xoves non se incorporase ao seu posto de traballo habitual nunha empresa de distribución próxima ao seu domicilio no polígono de O Allo en Baio. Manuel ten o seu móbil apagado desde o primeiro momento da súa desaparición e non hai rastro seu nin do seu turismo, un Daewoo de cor azul. O operativo de busca peiteou montes, estradas, portos, lugares inaccesibles con motos e quads e ata Cuco, un helicóptero da Garda Civil que á primeira hora da mañá xa estaba en Baio. A súa familia está desesperada e agradece toda a solidariedade mostrada na súa procura, pero pide non baixar a garda ata localizalo.

