Un avión privado que engalara de Xerez da Fronteira estrélase en Letonia

1 minutes read

Os catro ocupantes do aparello son de nacionalidade alemá, tres deles membros dunha mesma familia con residencia temporal na localidade gaditana de Zahara de los Atunes. A aeronave, unha Cessna 551 de bandeira austríaca, engalou sen que constase o seu destino, conforme a web de seguimento de voos Flight Radar 24, que deixou de recibir información do aparello cando estaba a 2.100 pés de altura, uns 640 metros. O avión cambiou dúas veces de rumbo, primeiro sobre París e logo sobre Colonia, en Alemaña, antes de dirixirse en liña recta cara ao mar Báltico e pasar nas proximidades da illa de Gotland en Suecia. A web de rastrexo sinalou que contra as sete e media da tarde perdía velocidade e altitude, ata que desapareceu do radar.