Un BNG sólido, cohesionado e cargado de ilusión arrinca precampaña

1 minutes read

Este domingo o BNG puxo en marcha a súa precampaña para os próximos procesos electorais cun encontro con militantes e simpatizantes en Santiago de Compostela nun ateigado Auditorio de Galicia, onde a sua portavoz nacional, Ana Pontón, subliñou que o Bloque é unha organización «sólida e cohesionada» e que ten a «man tendida» para «todas as persoas decepcionadas co que está a pasar».


Pontón destacou que o BNG ten un proxecto «cohesionado» no que os galegos «poden confiar» xa que saben que «hai unha coherencia, uns principios e unhas ideas democráticas detrás».
«O 28 de abril é unha cita moi importante para os galegos. Hai moito en xogo. Moitas persoas van apostar por que Galicia recupere a súa voz propia en Madrid fronte ao desastre que están a deixar no país as forzas políticas estatais»

Ana Pontón asegurou que «hai unha corrente de simpatía» e que «moitas voces están a sumarse ao BNG», polo que afrontarán as eleccións «con optimismo».