Este domingo o BNG puxo en marcha a súa precampaña para os próximos procesos electorais cun encontro con militantes e simpatizantes en Santiago de Compostela nun ateigado Auditorio de Galicia, onde a sua portavoz nacional, Ana Pontón, subliñou que o Bloque é unha organización “sólida e cohesionada” e que ten a “man tendida” para “todas as persoas decepcionadas co que está a pasar”.
Pontón destacou que o BNG ten un proxecto “cohesionado” no que os galegos “poden confiar” xa que saben que “hai unha coherencia, uns principios e unhas ideas democráticas detrás”.
“O 28 de abril é unha cita moi importante para os galegos. Hai moito en xogo. Moitas persoas van apostar por que Galicia recupere a súa voz propia en Madrid fronte ao desastre que están a deixar no país as forzas políticas estatais”
Ana Pontón asegurou que “hai unha corrente de simpatía” e que “moitas voces están a sumarse ao BNG”, polo que afrontarán as eleccións “con optimismo”.
