Un Calvo Xiria “campión” entrégase a súa afección cunha nova vitoria

1 minutes read

O Calvo Xiria agradeceulle á afección o apoio recibido ata este momento, nun ano cheo de dificultades para todos. O conxunto carballés marcouse a principio de tempada o obxectivo de ser campión e conseguiuno. Este sábado ademais xogou o penúltimo partido da tempada e na casa fronte ao Granitos Ibéricos Carballal, a priori un rival fácil do medio da táboa, pero que non se dobregou en ningún momento, incluso pasando por vestiarios co marcador ao seu favor 14-15. O conxunto carballés marcou vitoria pola mínima ao final do encontro por 28-27. Partido que, xunto co próximo, tamén lle servirán ao Calvo Xiria como preparación para a próxima fase de ascenso.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?