Trátase de Marcial Reyes Díaz de 37 anos de idade, os seus familiares localizárono na vivenda despois de non conseguir comunicarse con el vía telefónica durante varias horas. En principio todo apunta, á espera do que confirme a autopsia, que se trata dunha morte natural. Ao lugar acudiron unha ambulancia cun forense, Policía Local e Garda Civil de Carballo, que instruíron as correspondentes dilixencias. Marcial era unha persoa moi coñecida e querida en Carballo, tanto polo seu carácter, como polas súas responsabilidades laborais. Ten unha irmá máis nova que el, vivira a súa infancia fronte ao colexio Canosa Rus e perdeu ao seu pai nun tráxico accidente laboral hai xa varios anos. Agora vivía só na rúa Vila de Noia, onde ocorreu o triste suceso.
32