Un coche atropela varias persoas en Vigo e deixa oito feridos, entre eles dous bebés

1 minutes read

Un condutor levou por diante varias persoas que quedaron feridas e que foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro, a Fátima e Povisa.

Entre os oito feridos están dous irmáns pequenos que foron trasladados ao Álvaro Cunqueiro e que ían en carriño xunto o seu pai. Segundo fontes municipais, o ferido que máis preocupa é o irmán de dous anos de idade, mentres que o outro bebé, de meses, permanece en observación e o pai non presenta feridas de consideración.

No Hospital Fátima foron evacuados unha muller de 75 anos de idade; e dous homes de 69 anos, e 83 anos, respectivamente.

A Povisa foron conducidos un home de 77 anos de idade, e dúas mulleres de 64 e 75 anos, segundo informa o 061.

O sinistro tivo lugar na Avenida de Fragoso, á altura da intersección coa rúa Tranviarios, cando un Audi Q3 que ía cara á Praza de América incorporouse a esa rúa en dirección contraria e o condutor perdeu o control. No vehículo implicado no sinistro viaxaban catro persoas, das cales tres resultaron feridas leves.

A alerta foi recibida polo 061 Urxencias Sanitarias de Galicia ao fío das 19:55 horas deste mércores, polo que se trasladaron ata o lugar do sinistro tres ambulancias asistenciais de SVB, dúas ambulancias asistenciais de SVA e persoal sanitario da PAC de Vigo.