Tivo que ser excarcerado pola dotación de bombeiros. O acompañante saíu ileso. Os ocupantes da furgoneta, dous adultos e dous menores de idade, teñen feridas leves
O accidente aconteceu uns dez minutos antes das 16:00 horas deste martes. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, un coche e unha autocaravana colidiran no quilómetro 39 da OU-533, en Lentellais. Unha persoa atopábase atrapado no interior dun dos dous vehículos.
Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar. Tamén acudiron os Bombeiros de Valdeorras, o GES da Veiga, a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo.
Unha vez no punto, os servicios de emerxencias liberaron ao condutor do turismo, aínda que nada se puido facer por evitar o seu falecemento. Un segundo ocupante do coche tivo que ser evacuado ata o hospital de referencia, mentres que os da autocaravana foron atendidos no punto.