Un condutor ferido logo de saírse da vía o camión formigoneira que manexaba en Ponteceso

1 minutes read

O ferido puido saír polos seus propios medios do interior do vehículo.

Faltaban dez minutos para as dúas da tarde deste martes cando un particular daba conta do accidente ao 112 Galicia. Indicaba que un camión formigoneira se saíra da vía ao seu paso por Cores, na DP-6805, quilómetro 3.8, na localidade de Ponteceso. Aseguraba que o home saíra do interior do camión polos seus medios.

Así, con estes datos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do GES de Ponteceso, dos Bombeiros de Carballo e do persoal de mantemento da vía.

Unha vez no punto, os axentes da Policía Local confirmaba que o condutor necesitaba asistencia sanitaria e que o lugar onde ocorreron os feitos podía resultar perigoso para a circulación, posto que era un tramo de curvas. Ademais, indicaban que debido ao accidente tamén resultara danado un poste de telefonía, polo que os xestores de emerxencias tamén pasaron aviso á empresa de telefonía.

Así mesmo, segundo informaron os membros do GES, foi preciso o corte da vía para que unha guindastre puidera retirar o camión.