Un detido en Madrid tras incidentes entre a Policía e traballadores de Alcoa


A concentración de traballadores de Alcoa este xoves ante o Congreso dos Deputados produciu momentos de empuxóns e tensión coa policía e tras a ruptura do cordón policial varios traballadores foron inmobilizados e un dos manifestantes foi detido.

Varios deputados de podemos e EU atopábanse en primeira liña apoiando a causa. Ademais tamén acudiron deputados e candidatos do PP, Cidadáns, entre eles o vicepresidente do Congreso, Nacho Prendes, e o deputado de Foro Asturias, Isidro Martínez.