Un dos médicos do Deportivo exerce como voluntario no CHUAC

Foto.- YouTube.

O doutor Carlos Lariño, un dos médicos do Deportivo, exerce estes días como voluntario no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) pola COVID-19 e admitiu que “é duro pasar de Disney”, en referencia ao fútbol, á “guerra”, por como están os servizos de urxencia. O doutor do conxunto coruñés sinalou que “está a ser unha experiencia moi bonita desde o punto de vista médico por compartir tempo e traballo cuns profesionais excelentes”, e que destacan polo que “son capaces de facer con poucos medios”.