Un estradense ferido ao caer dun tellado que reparaba

1 minutes read

O ferido, un home de 66 anos, veciño da parroquia estradense de Rubín, estaba facendo unha reparación no tellado dun alpendre cando caeu desde uns tres metros de altura.

Familiares seus foron os que chamaron o 112. Activáronse medios do servizo de emerxencias da Estrada e do 061, que decidiu desprazar ata o lugar ao helicóptero de urxencias sanitarias con base en Santiago.

O ferido estaba consciente e, unha vez que valoraron as mancaduras, trasladárono en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago, onde lle deron a alta horas máis tarde. Recupérase na casa de varias fracturas nas costelas e na clavícula.