Un estudo sinala que a deforestación pon ao ser humano no «punto quente» de certas enfermidades

1 minutes read
  • Segundo un estudo de USAID, «ao redor do 30% dos brotes de enfermidades como o virus Nipah, Zika e o Ébola están relacionados co cambio de uso da terra»

Desde Greenpeace España sinalan que existe unha relación entre a perda de bosques e o brote dalgunhas enfermidades que verdadeiramente poden ser un perigo para a poboación.

Segundo un estudo de USAID, «ao redor do 30% dos brotes de enfermidades como o virus Nipah, Zika e o Ébola están relacionados co cambio de uso da terra», algo que vai en relación co aumento, nos últimos 50 anos, da deforestación ambiental e o aumento das enfermidades emerxentes.

Ao parecer, cando o ser humano invade zonas poboadas pola fauna silvestre, arríscase a expoñerse a virus, bacterias ou outros microorganismos aos que nunca se expuxo; e o incremento da deforestación en zonas tropicais como o Amazonas ou o Congo aumenta as enfermidades zoonóticas, é dicir, as que proceden dos animais.

Segundo a organización Global Forest Watch, desde 2001 a 2018 produciuse unha perda de 361 millóns de hectáreas de cuberta arbórea a nivel mundial, o que supón unha redución do 9% desa superficie desde o ano 2000.

Desde Greenpeace recalcan que a Terra ten límites e que coidar do medioambiente trae consecuencias moi positivas para todos os ámbitos, polo que é indispensable escoitar á natureza para poder vivir mellor.