Un falecido tras unha saída de vía en Oia

0 minutes read

Un home de 81 anos faleceu a última hora da tarde deste mércores nun accidente de tráfico en Oia. O sinistro ocorreu no val das Orelludas, entre Viladesuso e Pedornes. Por causas que se descoñecen, o home perdeu o control do vehículo, saíuse da vía e chocou contra un muro. O falecido era un veciño da zona. No momento do sinistro ia só no coche. Á súa muller tiveron que atendela por unha crise de ansiedade cando se achegou ata o lugar do accidente.