Un grupo de candorcas atravesará Galicia desde as Rías Baixas cara ao norte nos próximos días. ” O último avistamento foi en Aveiro, calculamos pola velocidade e movementos que o grupo chegará esta semana a Galicia”, explica Olga Mosca, bióloga do Instituto BDRI do Grove. No caso de encontro, o consello é cambiar a vela polo motor e evitar ter tripulantes nas bandas. En vez de deter a embarcación, desde o Ministerio de Transporte e o Instituto Bottlenose do Grove aconsellan non parar e navegar cara a augas menos profundas. Os avistamentos recollidos na aplicación móbil Orcinus e outras variables oceanográficas permiten seguir o avance destes cetáceos e reducir riscos. Por iso, animan a que os navegantes consulten esta ferramenta, que xa conta con 2.700 usuarios de 40 países.
0