Un home de 30 anos perdeu a vida tras unha saída de vía en Ponte Caldelas

1 minutes read

O accidente aconteceu arredor das 23:20 horas deste sábado e o outro ocupante do coche resultou ferido. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, un turismo batera contra unha árbore e caera por un pequeno terraplén, no quilómetro 7 da PO-244.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico.

Non foi preciso excarcerar para liberar aos implicados. Porén, un deles perdeu a vida logo do accidente, sen que nada se puidera facer por evitar o falecemento. O outro ocupante do turismo foi evacuado ata o hospital polo persoal sanitario.