Un home de 47 anos falece e dúas persoas moi graves nun accidente de tráfico en Pantón

1 minutes read

O sinistro produciuse na CG 2.1, ao seu paso pola parroquia de Santalla de Toiriz. Unha chamada ao 112 Galicia preto das nove da noite deste venres permitiu activar os recursos necesarios para atender aos implicados nunha colisión entre dous turismos no corredor Monforte-Lalín.

Os datos que facilitaron os alertadores aos xestores do 112 sinalaban a gravidade do sinistros, pois anticipaban que os condutores de cada un dos coches estaban inconscientes e atrapados no interior.

Así, informouse aos Bombeiros de Monforte e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Pola súa parte, o equipo médico organizou a evacuación dos dous feridos graves, xa que do condutor do outro coche só puideron confirmar o seu falecemento.

En canto á actuación dos bombeiros, ocupáronse de liberar aos dous condutores atrapados, e da limpeza e restablecemento das condicións de seguridade do vial participaron os equipos da Axencia Galega de Infraestruturas.

Axentes da Garda Civil de Tráfico estiveron presentes para a recollida de toda a información relevante sobre o sinistro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?