Un home falece ao caer desde dous metros de altura cando recollía mel na Pobra de Trives

1 minutes read

O suceso produciuse nunha leira situada na estrada que vai desde esta localidade ao Barco. Foi, nese momento, cando o 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado para atender ao varón, aínda que, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Ademais, para prestar apoio e colaboración ao equipo médico desprazado na aeronave, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.