Un home falece despois de caer da moto na que circulaba no Saviñao

0 minutes read

O condutor dunha moto perdeu a vida na mañá deste luns ao caer do vehículo no que viaxaba no Saviñao, concretamente na parroquia de Marrube, ao fío das 8:30 horas.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil da localidade e dos Bombeiros de Chantada.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.