52
Un home de idade avanzada faleceu á primeira hora da tarde deste venres en Carballo cando, segundo fontes próximas, se atopaba comendo e probablemente se atragoou, aínda que a autopsia será a que determine con certeza as causas exactas da súa morte. A persoa, estaba enferma e recibía supervisión dunha cuidadora, dado que vivía soa no número 32 da rúa Vila de Noia. O 112 Emerxencias Galicia, alertado por un particular, mobilizou ao lugar a unha Ambulancia do 061, á Policía Local e á Garda Civil de Carballo. Os efectivos sanitarios trasladados ao punto nada puideron facer por acudirlle ao home, a súa chegada xa estaba falecido. O caso foi tratado como morte xudicial, polo que se investigará o sucedido.