Un home foi evacuado en helicóptero tras caer do tellado dunha casa en Ordes

0 minutes read

Os axentes da Policía Local proseguen coas investigación co fin de determinar si ten relación cun accidente laboral. Sucedeu ás cinco da tarde deste domingo nunha vivenda situada en Patrocelos, Ordes. A información sobre a situación chegou ao 112 Galicia mediante os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron a mobilización dun equipo a bordo do helicóptero con base en Santiago. Precisamente, foi evacuado ao Hospital Clínico para continuar cos coidados necesarios debido ás lesións provocadas pola caída desde un tellado.