18
Un home morreu afogado este sábado na praia de Arealonga, no concello lugués de Barreiros. Ao non haber socorristas de terra, os tripulantes dun kaiak foron os que rescataron o corpo sen vida nunha zona rochosa do areal. Varios bañistas alertaron aos servizos de emerxencias de que había dúas persoas en apuros nun momento no que o mar estaba bastante revolto. Un deles conseguiu poñerse a salvo, pero o outro faleceu. Axentes da Garda Civil confirmaron que sacaron o corpo da auga e, pese aos esforzos do sanitarios, non puideron facer nada para salvarlle a vida.