Un home perdeu a vida despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba nunha finca no lugar de Rial, no concello pontevedrés de Soutomaior.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta dun veciño. A partir de aí, activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios de urxencia e os Bombeiros do Morrazo, que ademais contaron coa colaboración dos membros de Protección Civil da localidade.
Nun primeiro momento, os profesionais sanitarios valoraron mobilizar ao helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos, pero esta acción foi anulada ao confirmarse que o varón estaba falecido.
Así, os equipos de intervención procederon a erguer o vehículo agrícola para liberar á vítima.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tamén pasouse aviso aos Bombeiros de Pontevedra e Vigo, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas.