Un incendio obrigou a cortar a autovía do Morrazo

1 minutes read

Un incendio declarado ás 16:00 horas deste luns, segundo informa a consellería de Medio Rural na parroquia moañesa de Meira, ameazou varias vivendas da zona e obrigou a cortar ao tráfico a autovía do Morrazo, entre os quilómetros 5 e 6. A Consellería decretou o nivel 2 pola proximidade das lapas a núcleos habitados, aínda que máis tarde foi desactivado. A alcaldesa de Moaña declaraba que se vivía unha situación crítica, cos veciños intentando sufocar as lapas desde terra porque aínda non chegaran os medios. Tamén asegurou que ás 17:00 horas non se produciran aínda desaloxamentos porque os habitantes estaban traballando na zona.