Un incendio calcina un restaurante en Louro

1 minutes read

O bar restaurante Enxebre, a carón da praia en Louro, na zona máis turística do concello de Muros ardeu todo por dentro, á cociña non chegou o lume, pero a zona de restaurante, a aberta ao público, quedou totalmente desfeita. Tanto o local coma o mobiliario, conxeladores, neveiras e viveiros. As primeiras impresións dos bombeiros apuntan precisamente ao motor dos viveiros, que estaban cheos de marisco, como causa do incendio. Por se fose pouco, o sinistro vén no peor momento; coma outros moitos negocios coma este, o Enxebre pasou a primavera cun ERTE, e agora encaraban a campaña do verán, que ademais ía bastante ben. Aquí traballan seis persoas e din que non se renden. Con optimismo, queren polo menos, a ver se puideran non perder todo o mes de agosto.