Un incendio calcinou catro vehículos e afectou a outros sete nas Somozas

1 minutes read

Un incendio nunha nave do polígono industrial das Somozas saldouse este domingo sen danos persoais, pero causou que catro vehículos quedasen completamente calcinados, segundo informou o 112 Galicia. Persoal do parque de bombeiros das Pontes acudiu ao lugar por esta alerta dada por un particular que advertiu do suceso, que afectou a dous turismos e dúas furgonetas, e pediu o desprazamento de medios de extinción. As chamas tamén causaron danos noutros vehículos estacionados no punto. Xunto aos efectivos contraincendios ponteses, tamén se mobilizou ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ortigueira e ambos os corpos confirmaron que o lume «non chegou a alcanzar á edificación e soamente os vehículos almacenados no exterior sufriron danos». Axentes da Garda Civil completaron o operativo e investigan o suceso.